
Alugue toda a propiedade a un prezo inmellorable!
Agora pode reservar toda a propiedade dende 200 € / noite. Inclúe todos os servizos: roupa de cama, toallas, limpeza de entrada e saída e libre acceso á cociña, totalmente equipada con enxoval e electrodomésticos.
- Cinco habitacións dobres con cuarto de baño completo, televisión e wifi.
- Amplas e elegantes zonas comúns: salón social, recanto de lectura, comedor, cheminea, vestíbulo e terraza.
- Unha ben equipada biblioteca temática sobre Fisterra e Costa da Morte, con abundante información histórica, xeográfica e cultural.
- Xardín con hórreo centenario e aparcadoiro privado.