Tradición & Experiencia
O viaxeiro que se achegue ata aquí terá que facelo con idea de deixar atrás as présas. Dugium vístese con muros centenarios e madeiras nobres, o eclecticismo elegante do rural galego. Rodeado de vigorosos acantilados e solitarias praias. Sensacións oceánicas garantidas.
Dugium non destaca só pola singularidade do entorno, senón tamén polos servizos que oferta o viaxeiro:
- Cinco habitacións dobres con cuarto de baño completo, televisión e wifi.
- Amplas e elegantes zonas comúns: salón social, recanto de lectura, comedor, cheminea, vestíbulo e terraza.
- Unha ben equipada biblioteca temática sobre Fisterra e Costa da Morte, con abundante información histórica, xeográfica e cultural.
- Xardín con hórreo centenario e aparcadoiro privado.