Consulte o tempo en Fisterra Consultar o tempo en Fisterra
(+34) 981 740 780 Mb (+34) 606 606 480
San Salvador – Fisterra (Situación)
Semana Santa 

En fase de ser declarada de Interese Turístico Nacional, a Semana Santa de Fisterra caracterízase polas representacións bíblicas que interpretan personaxes viventes da vila, seguindo un guión con textos de orixe incerta pero inmemorial.

O xoves Santo represéntase a Última Cea e a Oración do Horto e o Venres Santo pola mañá, a procesión do Encontro e viacrucis polas rúas da vila e pola noite o acto do Descendemento da Cruz e a procesión do Santo Enterro cun gran despregamento de imaxes, confrarías e personaxes viventes que xunto a miles de fieis devotos protagonizan unha das procesións con máis magnitude e fervor de toda Galicia.

Pero sen lugar a dúbidas, o acto máis importante da Semana Santa de Fisterra é a escenificación da Resurrección de Cristo que se representa o Domingo de Pascua pola mañá. Este acontecemento relixioso cuxo texto se mantén invariable dende hai centos de anos, atrae ano tras ano a miles de visitantes interesados polo valor relixioso e cultural da escenificación e da festividade.

Por todas estas peculiaridades, a Semana Santa de Fisterra é única e destaca o feito de que a énfase non se pon na morte de Cristo, senón na resurrección, é a luz que vence a obscuridad que é o mesmo que dicir que a vida vence sempre á morte.

A xente de Fisterra céntrase con paixón á organización e celebración da súa Semana Santa, motivo de orgullo para a esta vila de pescadores encravado no ultimo confín da vella Europa.

 

Fai unha Reserva

Envíanos o formulario indicando a data de chegada e saída.

Ultimas Noticias e ofertas