Consulte o tempo en Fisterra Consultar o tempo en Fisterra
(+34) 981 740 780 Mb (+34) 606 606 480
San Salvador – Fisterra (Situación)
FinisTerrae Fisterra

FinisTerraeFisterra

CABO DE FISTERRA, SENSACIÓNS OCEÁNICAS

Ao longo do ano, abrigo en primavera e verán, centos de persoas e peregrinos achéganse aos acantilados próximos para asistir a un espectáculo único: as postas de sol.

Dende os afamados cabos Norte en Noruega e San Vicente en Portugal, o de Finisterre é con toda seguridade o máis emblemático dos finisterres do litoral atlántico europeo.

O mítico "Promontorium Nerium" dos xeógrafos romanos, intérnase no Océano para converterse no auténtico "Finisterrae" cargado de mitos e lendas milenarias. Hai que intentar chegar á fin da Terra para experimentar a sensación de dominio que exerce a inmensidade do mar e fixar a nosa mirada nos acantilados de granito; acantilados que foron testemuñas de históricos naufraxios, de feras tormentas e de grandes temporais. Ao Oeste asoma o maxestoso Monte Pindo, o Olimpo Celta de Galicia, dominando a paisaxe que o rodea e deslizando a súa aba ata as pracidas augas da ría.

A pequena e mariñeira vila de Fisterra vive por e para o mar, xira en torno ao porto pesqueiro e a Lonxa de poxas de peixe. Na parte antiga apréciase o autentico ambiente mariñeiro nas estreitas e reducidas rúas, nas casas abalconadas, nas pequenas prazas e nas tabernas e tascas onde se consume o mellor do mar: os frescos pescados e mariscos.

Dugium está situada a menos de cinco minutos en automóbil das seguintes praias:

  • Langosteira: Preto de tres quilómetros de lonxitude, augas tranquilas, bos accesos e moitos servizos a pé de praia.
  • Mar de Fora: Praia rústica situada entre os cabos de Fisterra e a Nave, mar aberto, non se aconsella o baño.
  • Arnela: Pequena praia virxe entre acantilados con acceso irregular e difícil.
  • O Rostro: Dous quilómetros de praia virxe, natureza pura e unha zona dunar que conserva como ningunha outra a flora atlántica. Pouca xente e perigosa para o baño.
  • Talón: Pequena cala situada á altura do miradoiro do Cabo Fisterra. Augas tranquilas e transparentes.
  • Corbeiro y Ribeira: Dúas coquetas praias situadas ao abeiro do Castelo de San Carlos e ao final do paseo peonil.