Consulte o tempo en Fisterra Consultar o tempo en Fisterra
(+34) 981 740 780 Mb (+34) 606 606 480
San Salvador – Fisterra (Situación)

Costa da Morte

A morte levantou un templo nun estraño e solitario lugar. Edgar A. Poe

Terra máxica situada nos confíns da vella Europa, chea de lendas, tradicións e naufraxios, cada día alcanza maior personalidade e atracción turística.

As persoas que nos visitan séntense enmeigados pola fermosura das paisaxes costeiras, pola riqueza do patrimonio histórico, pola cantidade e a importancia dos seus faros, pola maxia das pedras ou pola súa excelente gastronomía.

Visitar A Costa da Morte significa chegar ao final dun camiño de peregrinación cara á terra máis occidental do vello continente, seguido por miles persoas ao longo da historia, para encontrarse co renacer da vida, con vellos cultos pagáns, que aquí se mostran con todo o seu esplendor: auga, sol, pedras, mar…

Dende os abruptos acantilados ata os sempre verdes e fértiles vales do interior, pasando por aldeas ou acolledores e abrigados portos de mar. O lugar é quizais o de menos porque a cada paso descubrirá que A Costa da Morte está chea de vida.

Fai unha Reserva

Envíanos o formulario indicando a data de chegada e saída.

Ultimas Noticias e ofertas